domingo, 19 de abril de 2015

III SEMANA DAS PROFESIÓNS

Xa podes consultar o programa da Semana das Profesións e coñecer que emprendedor sorpresa nos visitará este ano, douvos varias pistas: é de Cambados, estudou no noso centro, e foi xurado en Top Chef!! />




 http://issuu.com/oricabanillas/docs/semana_das_profesi__ns_58274328af89be

jueves, 9 de abril de 2015

PROBAS DE ACCESO AO GRAO DE ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE. PONTEVEDRA




Aberto o prazo para a primeira convocatoria ata o 15 de maio. 

Precisades a seguinte documentación:
  • fotocopia DNI
  • Certificado médico donde apareza de forma literal a frase que se indica na convoatoria
  • Resgardo do pago do prezo da proba 63,67+6 euros
  • Certificación de discapacidade de ser o caso
Toda a información co procedemento de inscrición, os formularios e as probas na web da facultade e no taboleiro de Orientación.

A proba so é válida para o alumnado que acceda a este grao no curso 15-16.

O alumnado que non supere a primeira convocatoria terá unha nova convocatoria para acceder en setembro no caso de haber prazas. Se o alumno/a ten que repetir a proba este ano, unicamente ten que volver a abonar os 6 euros do seguro. 

Na barra da esquerda, etiqueta "UNIVERSIDADE" tendes os enlaces con toda a información.



domingo, 5 de abril de 2015

BOLSA EUROLINGUA IRLANDA 2015



Para alumnado universitario, de Bacharelato e Ciclos. A bolsa cubre o 100% dos gastos. Prazo: ata o 21 de abril

PLANAZO: "CONECTA CON GALICIA"



Se tes entre 18 e 30 anos e apetéceche coñecer Galicia con outros chicos e chicas doutros puntos xeográficos, apúntate a un dos plans de Xuventude.

Tes a posibilidade de realizar actividades no Mar ou coñecer parte do Camiño de Santiago.

Os/as que tendes menos de 18 anos, atentos/as porque en nada infórmovos das opcións que hai para vós.

http://xuventude.xunta.es/actividades-18.html


FACE VS BLOG



Noticias a unha velocidade supersónica en Facebook e ordenadiñas en Blogspot 




E ti xa eres de Piensosientosoy? 


NOVOS DOBRES GRAOS USC 15-16





No curso 15-16 a Universidade de Santiago de Compostela ofertará varios novos dobres graos. Queres saber cales son? Preme no enlace e os coñecerás.