viernes, 1 de septiembre de 2017

DÁME A CHAPA. 2º ESO.CONTRATO PROGRAMA: CONVIVENCIA E IGUALDADE

"Dáme a chapa" foi a actividade deseñada para o alumnado de 2º ESO na que mediante imaxes e logos creamos varios deseños para chapas e imáns coa finalidade de difundir no noso Concello mensaxes de igualdade e de empoderamento da muller.

Despois da fase creativa, o alumnado montou postos no corredor do centro para facer entrega na semana da muller dun imán e dunha chapa a todo o alumnado e profesorado. Ahh, durante o curso tamén agasallamos coas nosas creacións ao persoal do Concello, e ao alumnado de 6º Primaria que o próximo curso será parte do noso centro e, ás persoas integrantes da Mesa de Violencia de xénero do Concello. Agora é fácil ver as nosas chapas nas mochilas, nos maletíns dos profes, nos despachos ou nos xerseis.

Aquí podes ver algunhas imaxes da entrega das chapas e os imáns:





Se ves os nosos deseños por Mugardos ou polo mundo enteiro xa sabes quenes foron os e as responsables ;).

No hay comentarios:

Publicar un comentario