lunes, 18 de septiembre de 2017

O BO CAMIÑO

Estamos rematando este verán, dá un pouco de pena, verdade? Ben, vas a alargar esa boa sensación evocando unha imaxe do teu verán. Pecha un momento os teus ollos e visualiza unha imaxe que represente un bo día deste verán, sinte as emocións que asocias a ese momento: relaxación, alegría, diversión.

 Imaxinas ter un verán así o próximo ano, libre de preocupacións, de libros, cheo de diversións, de ocio, de emocións positivas. Volve a pechar os ollos, evoca tres imaxes do teu próximo verán ideal: unha de mañá, outra de tarde e outra de noite. Imaxina non ter que madrugar para poñerte diante dos libros, que alivio verdade.

 Estas imaxes deberás visualizalas de cando en vez, teñen un gran poder motivacional e van a influír moito no teu comportamento á hora de enfrontar o teu curso. Mira este vídeo, explícanche de maneira moi fácil a importancia de predispor ao teu cerebro de forma positiva:

 (Empezar en minuto 1.42)


 Agora que tes a disposición para conseguir a meta de aprobar imos a recordarche os criterios de promoción/titulación.

Titulación ESO
Promoción ESO


 FP Básica

No hay comentarios:

Publicar un comentario